16mm, theremin e chelo no Filmadrid

A vangardista proposta musical viguesa, seleccionada no Filmadrid Festival Internacional de Cine para interpretar en directo no Circulo de Bellas Artes de Madrid a banda sonora para o film sueco «Johan» (Mauritz Stiller, 1921).

A película será proxectada para a ocasión en formato analóxico, en cinta de 35mm da Filmoteca de Suecia.

Dezazaséis milímetros é un proxecto dos artistas sonoros e músicos Macarena Montesinos (chelo) e Paulo Pascual (theremin, guitarra). A través da composición, a improvisación e a indagación sonora realizan bandas sonoras de cine en directo. Unha proposta na que investigan as relacións que existen entre a imaxe e o son, entre o cinema e a música. Nesta aventura arrancaron musicalizando o visionario material de cine de Segundo de Chomón.

Levan actuado en diferentes espazos como CGAC (Centro Galego Arte Contemporáneo) e tamén pasado por festivais como SinSal, Galician Freaky Film Festival, etc.

Acaban de ser seleccionados polo Filmadrid Festival Internacional de Cine e alí estarán actuando o xoves 13 de xuño dentro da sección Vanguardias Live del festival, dedicada ao intercambio creativo entre o cinema e outras propostas artísticas de carácter performativo.

Johan (1921), de Mauritz Stiller, é unha adaptación da novela Juha (1911) do escritor finlandés Juhani Aho, tamén revisitada por Kaurismäki con Juha (1999). A historia da novela narra as vicisitudes do triángulo amoroso conformado por Juha, un granxeiro, a súa muller, e un home de negocios. A sonorización en directo do film non so se articulará como unha aproximación ao relato orixinal, senon que tamén establecerá un diálogo coas imáxes, as estructuras, os ritmos e o fío narrativo das películas. Así, a composición, a libre improvisación e a paisaxe sonora se mesturarán a través dos sons do violonchelo, theremin, e guitarra acústica.

* créditos das fotos: Mireite